miércoles, 9 de abril de 2014

Cronica

Amence o domingo e os de Paso Miúdo imos cara as terras do Incio, lugar de balnearios, muíños e ferro.

Polo camiño ollamos niños e algunha que outra cegoñas. O que nos indica que estamos chegando a destino son as montaña dos Ancares que aínda teñen linguas de neve nos cumios.

Comezamos a camiñar e xa se pode apreciar que é terra de auga de ferro posto que nos encontramos con ferrerías que traballaban coa forza da auga. A senda transcorre, a maior parte, por pistas moi ben acondicionadas e limpas. A paisaxe é dificilmente mellorable, posto que imos camiñando a unha cota alta que nos permite ollar fermosas vistas panorámicas do Caurel. Aínda que o río Cabe e os seus afluentes non sempre son compañeiros de viaxe, o seu son si que está presente na andaina.

Dicir que fixen poucos roteiros nos que non vin un só eucalipto, pois esta é unha das poucas. Lugar de chopos en zonas baixas e húmidas e gran cantidade de centenarios castiñeiros, avelás, pinos e carballos. As xestas e bañas poñían o toque de color. O terreo pizarroso segue recordándonos que estamos en zoa de minas e canteiras.

O roteiro é de fácil execución, asequible e moi recomendable. Se ademais se lle engade que estamos en primavera e a floración xa comezou, pouco máis se pode pedir.

Grazas a todos/as por un domingo máis en compañía de Natureza en estado vivo.

By, Inma Lestegás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario